Carcasa para facer resistente á auga o iPod nano

martes, 23 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Non sempre se pode levar a música a calquera parte pese a que se conte cun reprodutor multimedia portátil, pois as condicións do contorno supoñen unha limitación, polo que non debería sorprendernos a aparición de accesorios coma o AquaTune nano 4G, que converte os últimos modelos de iPod nano en somerxibles, á vez que lle engade altofalantes, de xeito que podemos levar o noso reprodutor favorito á piscina, ao cuarto de baño ou a exteriores que poidan estar expostos á choiva, ou a outras agresións como area ou lama (pois se pode lavar sen problemas).
O AquaTune nano 4G funciona con 4 pilas AAA, miden 21,7 x 7,3 x 3,4 centímetros e pesan 260 gramos.

PUBLICIDADE