Cargador externo para iPod e iPhone

venres, 21 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios de reprodutores iPod (ou mesmo dun móbil iPhone) poden incrementar a autonomía dos seus dispositivos grazas ó iPower Rush, que é un cargador especial para os reprodutores de Apple que amplía o seu tempo de uso entre 10 e 15 horas.
O iPower Rush aliméntase de 6 pilas AAA (alcalinas ou recargables), conta cun indicador de carga e ten un tamaño bastante reducido polo que o seu transporte é cómodo. Resulta un accesorio especialmente útil para os usuarios do iPhone, xa que no caso de que se esgote a batería do seu móbil poden empregar o cargador externo para non quedar incomunicado.
O cargador externo véndese a través da Internet a 29,95 dólares (20,83 euros).

PUBLICIDADE