Cargador para o iPhone que realiza copias de seguridade

mércores, 5 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Os usuarios dun iPhone que queiran ter protexidos os datos do seu terminal ante posibles catástrofes poden adquirir o Iomega SuperHero Backup & Charger, unha base de carga para iPod Touch (de 3ª e 4ª xeración) e os iPhone 3G, 3GS e 4 que integra unha fenda para tarxetas SD (inclúe unha de 4 Gb) nas que realiza de xeito automático copias de seguridade dos contactos, a axenda e as imaxes do terminal.
Esta solución resulta especialmente cómoda para quen non considera cómodo ou axeitada a sincronización con iTunes dende o mesmo ordenador cada vez que quere cargar a batería do móbil de Apple, e o seu prezo de venda nos EE.UU. será de 69,99 dólares.

PUBLICIDADE