Cargador universal solar

martes, 26 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Coa chegada do verán moitos atoparán interesante un dispositivo que están a vender na tenda virtual Brando, pois se trata dun panel solar que funciona coma cargador universal para móbiles e outros tipos de trebellos electrónicos (inclúe varios adaptadores entre os que está mesmo un porto USB).
O cargador universal funciona tanto conectado a corrente como con luz solar, e entrega a carga eléctrica ata un máximo de 1 A e 4 W podendo seleccionarse un voltaxe de saída de entre 4,5 e 9 voltios. O tamaño do cargador é reducido (137 x 79 x 24 mm), pesa 240 gramos, ten unha capacidade de 2.500 mAh e custa 69 dólares (51,23 euros).

PUBLICIDADE