Casio presenta unha cámara de ollo de peixe con obxectivo extraíble

luns, 8 de agosto do 2016 Marcus Fernández

A utilidade das cámaras de 360 graos aínda é bastante discutible, principalmente para uso persoal, onde non parece ter interese que se rexistre en fotografías ou vídeo o que acontece detrás do usuario, de aí que teñan máis sentido solucións como a nova Casio EX-FR200, que sairá á venda no Xapón a mediados de setembro, e que consiste nunha cámara de ollo de peixe que permite disparar panorámicas de 360 gramos ou tomar imaxes de ultra grande angular, e que sorprende cun formato no que o corpo e o obxectivo poden separarse, de xeito que se mercamos un segundo obxectivo por separado e o colocamos xunto ao outro obxectivo (enfocando a direccións opostas) podemos converter a cámara de 180 graos nunha cámara de 360 graos (algo que claramente só se empregaría en condicións moi concretas), aínda que moitos usuarios preferirán aproveitar a dobre cámara para facer dúas gravacións simultáneas e así poder ter dous puntos de vista da mesma acción.
O bo destas cámaras é que están pensadas como cámaras deportivas, tendo unha construción moi resistente (rexiste auga, xeadas e caídas) e contan con conectividade Wi-Fi e Bluetooth 2.1. Poden traballar en modo de 180 graos xerando imaxes de 3.888 x 3.888 píxeles ou en modo panorámica de 360 graos a 7.456 x 1.864 píxeles, cunha cámara soa, e logo tamén está a posibilidade de traballar con dúas cámaras á vez, que resulta moi atractiva.

A cámara funciona cun corpo central e un obxectivo extraíble que pode manexarse sen fíos

PUBLICIDADE