Castle of Illusion estrea versión para Windows Phone e Windows 8.1
martes, 27 de maio do 2014
O
pasado verán o clásico de SEGA, Castle of
Illusion, estreou
remake en alta definición para Xbox
360, PS3 e PC, chegando
despois a iOS e agora remota o seu achegamento a dispositivos actuais estreando
versión para Windows Phone 8 por 9,99 euros e incluso para
Windows RT/8.1 por 14,99 euros, de xeito que os posuidores de smartphones
ou tablets co sistema operativo de Microsoft poden gozar deste xogo que vira a
luz inicialmente na Mega Drive converténdose nun dos referentes do seu xénero
que chegou incluso a ter unha secuela publicada en 2012 para Nintendo 3DS, Epic Mickey: Power
of Illusion.
Este xogo métenos na pel do rato Mickey, que ten que rescatar á súa moza
Minnie, raptada pola bruxa Mizrabel, para o que deberá superar os peritos do
Castelo da Ilusión. Bosques encantados, xoguetes rebeldes e labirintos de
libros viventes son algúns dos retos que terá que superar Mickey para salvar a
Minnie.
- O xogo chega a dispositivo táctiles co sistema operativo de Microsoft con gráficos moi mellorados con respecto ao orixinal de Mega Drive