Castlevania: Lords of Shadow - Mirror of Fate terá versión para PS3 e Xbox 360

luns, 19 de agosto do 2013 Marcus Fernández

A terceira entrega da saga Castlevania: Lords of Shadow, desenvolvida polo estudio español MercurySteam para a xaponesa Konami, chegará ás tendas en novembro, e aínda que o segundo episodio desta historia era exclusivo para Nintendo 3DS, confírmanse os rumores que xurdiran antes do seu lanzamento, e hoxe dan a coñecer que o 31 de outubro será a data na que teremos Castlevania: Lords of Shadow - Mirror of Fate HD en formato descargable para Xbox 360 e PlayStation 3. Deste xeito, os usuarios de consolas domésticas poderán gozar da saga completa, sen padecer un baleiro por culpa dunha entrega para dispositivos portátiles, que chegan nunha desas cada vez máis frecuentes remasterizacións en alta definición.
Dado que Lords of Shadow 2 tamén chegará este mesmo ano para PC, parece probable que Mirror of Fate tamén goce de versión en alta definición para ordenadores compatibles. Cómpre destacar que a primeira entrega da saga na súa Ultimate Edition para PC ten un 10% en Steam ata o 27 de agosto, de xeito que o seu prezo é de 22,49 euros.

A nova versión de Mirror of Fate actualiza os seus gráficos para a alta definición
Aínda que polo momento non se anunciou, é posible que tamén podamos ver a remasterización en HD no PC

PUBLICIDADE