Castlevania: Lords of Shadow - Mirror of Fate HD destaca entre os Xogos con Gold de decembro

mércores, 27 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Para o mes de decembro Microsoft fixo unha interesante selección de Xogos con Gold para os subscritores de pagamento a Xbox LIVE, que unha vez máis destaca mías polos títulos retrocompatibles que polos xogos para a actual xeración.
Entre os xogos para Xbox One temos o xogo independente Insane Robots (todo un descoñecido, que vén a ser unha especie de xogo de mesa levado á pantalla da consola) e Jurassic World Evolution (simulador inspirado na popular franquía cinematográfica de dinosauros).
Máis atractiva resulta a selección de xogos de Xbox 360 retrocompatibles en Xbox One, que parten de Toy Story 3, unha correcta adaptación dun filme homónimo, e Castlevania: Lords of Shadow - Mirror of Fate HD, secuela de Castlevania: Lords of Shadow, desenvolvido tamén polo estudio español MercurySteam para Konami, e que agradecerán os seareiros da franquía que aínda non se fixeran con el nunha consola doméstica.

Vídeo promocional dos Xogos con Gold de decembro

PUBLICIDADE