Catwoman será un personaxe controlable en Batman: Arkham City

xoves, 2 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Durante o E3 agárdase que Warner Bros. Interactive e DC Entertainment acheguen numerosos detalles sobre o xogo que está a desenvolver Rocksteady Studios, Batman: Arkham City, pero unha destas novidades vén de filtrarse: aparte de a Batman, no xogo tamén poderemos controlar ao personaxe de Catwoman nunha historia integrada na trama principal do xogo. Tamén será posible manexar a Catwoman nunha serie de mapas de desafío para facer uso dos movementos de loita e trebellos cos que conta a muller gato. O repertorio acrobático e o arsenal do alter ego de Selina Kyle pode verse no seguinte vídeo:

Catwoman presentará un control claramente diferenciado do de Batman
Nos combates Catwoman loitará primando as acrobacias

PUBLICIDADE