Celebramos os 25 anos da Rede en Galicia cunha xornada en Compostela
martes, 6 de marzo do 2018
O vindeiro luns ás 19:30 horas celebrarase no Auditorio 2 do
Centro de Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura de Galicia
en Santiago de Compostela o vindeiro Foro Tecnolóxico de Código Cero, que leva
por tÃtulo 25
anos da Rede en Galicia, e co que se pretende celebrar a chegada da
Internet á nosa comunidade autónoma.
En febreiro de 1993 o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) conectouse
por primeira vez coa rede de redes, a Internet, abrindo na comunidade galega a
porta de acceso a todo un mundo de intercambio de información que naquel
momento estaba limitado a uns poucos computadores nas universidades e entidades
públicas, o que desembocarÃa en 1995 no despregamento da Rede de Ciencia e
TecnoloxÃa de Galicia (RECETGA).
Para dar conta deste momento histórico participarán neste acto de entrada libre
o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e director do CESGA en
1993, Juan Casares-Long; o subdirector técnico do CESGA e técnico de RECETGA,
José Ignacio López Cabido; o responsable de comunicacións do CESGA en 1993,
Juan Luis Ruiz Buján; o profesor emérito de FÃsica Teórica da USC, Carlos Pajares; e o autor de Historia
da Informática. Unha cronoloxÃa, Henrique Neira.
Dende Código
Cero queremos convidar a acudir a este encontro a todo aquel interesado en
coñecer os detalles da chegada dunha tecnoloxÃa a Galicia que mudou
profundamente a nosa sociedade, indo moito máis aló dos ámbitos educativos e de
investigación, e provocando toda unha transformación sociocultural da que non
hai precedentes no que a velocidade de adopción se refire.