Celebran o 40º aniversario de Atari regalando os seus xogos clásicos para iOS

xoves, 28 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Para celebrar o nacemento de Atari hai xa 40 anos durante o día de hoxe será posible descargar de balde os Atari’s Greatest Hits para iPhone, iPod Touch e iPad, que inclúe un cento de xogos da clásica compañía de máquinas recreativas e consolas de videoxogos, que poderán descargarse sen pagar un can, aínda que tal oferta está máis limitada no tempo do que parece, pois aínda que hoxe podamos descargar todos os xogos dispoñibles na aplicación se pagar, no caso de reinstalar a aplicación habería que pagar 0,79 euros/xogos ou 7,99 euros polo tootal de títulos.
De todos os xeitos cómpre lembrar (como ben fai Luke Plunkett en Kotaku) que a compañía que celebra o 40º aniversario de Atari non é a empresa que veu a luz en 1972, que podería considerarse desaparecida en 1984, tras o que a marca saltou por varias empresas ata rematar en 2001 na francesa Infogrames, compañía que decidiu adoptar como marca de seu Atari, en vez do seu nome habitual, querendo aproveitar así unha marca que é toda unha icona da cultura popular.

Atari foi todo un clásico dos salóns recreativos con títulos como Pong, Asteroids ou Centipede.

PUBLICIDADE