Celebran os 20 anos de GTA III cunha remasterización da súa triloxía

venres, 8 de outubro do 2021 Marcus Fernández

Para celebrar o 20º aniversario da publicación de Grand Theft Auto III, o xogo que converteu a franquía nun fenómeno, dende Rockstar Games anuncian que a finais de ano chegará a consolas de nova xeración Grand Theft Auto: The Trilogy - The Definitive Edition, incluíndo tamén os xogos Grand Theft Auto: Vice City e Grand Theft Auto: San Andreas.
Esta remasterización chegará a PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S, Nintendo Switch e PC inicialmente, incluíndo melloras a nivel gráfico e xogable, pero respectando o comportamento dos xogos clásicos, e para a primeira metade de 2022 está previsto que tamén estreen unha versión desta triloxía para iOS e Android, facendo que estea así dispoñible para practicamente calquera xogador.

PUBLICIDADE