Cesan a produción da Nintendo 3DS
venres, 18 de setembro do 2020
AÃnda que dende Nintendo tiñan claro que o lanzamento da
Nintendo Switch non serÃa a desaparición a curto prazo da Nintendo 3DS, consola
portátil que seguiu recibindo novidades durante moitos meses, o feito de que xa
estea no mercado a Nintendo Switch Lite, versión da Switch totalmente portátil,
deixou claro que as 3DS xa non tiñan moito espazo no mercado, de aà que a páxina web de
Nintendo no Xapón indique que toda esta familia de consolas está fóra de produción,
ou sexa, que Nintendo 3DS, a Nintendo 3DS XL, a Nintendo 2DS e a Nintendo 2DS
XL xa non se fabrican, de xeito que a súa desaparición do mercado dependerÃa das
existencias que queden nas tendas.
Tendo en conta que a consola portátil de Nintendo leva no mercado dende 2011,
pode considerase todo un éxito, xa que conseguiu unha grande lonxevidade nunha
complexa situación na que as previsións temÃan que os smartphones e as tabletas
matasen ás consolas portátiles. De feito, a 3DS foi a consola que
mantivo a Nintendo con certa saúde nun momento no que a Wii U non conseguiu
callar entre o público, sementando o terreo para a chegada da Nintendo Switch,
consola que está a verse como toda unha revolución pola súa proposta hÃbrida
entre consola portátil e de sobremesa.