Chega Vodafone Smart 4 Mini, un smartphone de alta gama a un prezo razoábel

mércores, 30 de abril do 2014 Redacción

Onte anunciaba Vodafone España que o seu modelo Smart 4 Mini xa estaba no mercado. Estamos perante a cuarta xeración deste Vodafone Smart, un novo smartphone que achega unha pantalla táctil de 4 polgadas, procesador de 1.3Ghz de dobre núcleo e a versión Jelly Bean do sistema operativo Android. Dispoñíbel coas tarifas de prepagamento e contrato, Vodafone Smart 4 Mini garante aos clientes un rápido acceso a vídeos, música e aplicacións por moito menos do prezo dun dispositivo de alta gama.
Vodafone Smart 4 Mini tamén conta con servizos exclusivos como Vodafone Cloud, Contacts e MiVodafone. Así, o Vodafone Smart 4 Mini é a última incorporación á gama de dispositivos Smart de Vodafone, que foron deseñados para dar a todos os clientes os beneficios de Internet móbil a un prezo adquiríbel. A gama Smart de Vodafone permite aos clientes acceder a contidos e servizos para aforrarlles tempo e diñeiro e xestionar mellor a súa vida cotiá. Máis polo miúdo, Vodafone Smart 4 Mini inclúe: unha pantalla táctil WVGA de 4 polgadas con rápida capacidade de resposta, un procesador de 1.3Ghz de dobre núcleo, con 512 MB de memoria RAM, velocidade 3G HSPA + (HSDPA/HSUPA) e conectividade Wi-Fi, Android 4.2.2 Jelly Bean, cámara de 3,2Mpx, alta velocidade de navegación por Internet, acceso ás últimas aplicacións de novas, lecer e apps de transporte en tempo real en mobilidade, correo electrónico, contactos e calendarios, servizos de redes sociais e un conxunto de aplicacións exclusivas de Vodafone.
En canto ao seu prezo, Vodafone Smart 4 Mini xa está dispoñíbel por 0 euros con Base S, que inclúe chamadas a 0 céntimos (máis 18,15 céntimos de establecemento de chamada IVE incluído) e 600MB por 11 euros ao mes I.V.E. incluído. Tamén está dispoñíbel en prepagamento cos plans de Vodafone yu por 49 euros para aqueles que xa sexan clientes e 79 euros para novos clientes (con 20 euros de saldo).

PUBLICIDADE