Chega a España a última creación de FX Interactive: o xogo Jack Keane

xoves, 24 de abril do 2008 Raquel Noya

Dende hoxe os seareiros das aventuras gráficas xa temos á nosa disposición a nova creación de FX Interactive, trátase do videoxogo Jack Keane, que chega ó noso país, logo dun intenso proceso de localización que durou máis de tres meses, cen por cen en castelán.
O xogo supón, segundo palabras dos seus creadores, “unha homenaxe ós clásicos de aventura”, cunha posta en escena “espectacular” e con máis de 30 personaxes dobrados por actores e actrices de cine.
A edición española de Jack Keane inclúe un completo manual a toda cor e presenta en exclusiva WannaPlay, un dossier especial mediante o cal, calquera persoa poderá descubrir dun só golpe de vista as claves fundamentais de Jack Keane para “gozar dende o primeiro minuto”.
Tralo éxito de Runaway 2, FX Interactive trae ás nosas fronteiras o Jack Keane, unha aventura gráfica para tódolos públicos que introducirá ós xogadores no Imperio Británico.
O tráiler deste novo videoxogo xa está a disposición dos internautas a través da popular páxina de vídeos YouTube:

PUBLICIDADE