Chega a España o Moto 360 Sport

luns, 28 de decembro do 2015 Marcus Fernández

A primeiros de mes Motorola presentou o seu smartwatch máis prometedor, o Moto 360 Sport, que destacaba por combinar nun único dispositivo as funcións de smartwatch e reloxo deportivo, pero que, aínda que saíu á venda en Reino Unido e Francia o 18 de decembro, non se prevía que chegase a España até despois do 7 de xaneiro, cando se porá á venda nos EE.UU., pero Amazon España vén de sorprendernos e conseguiu stock deste desexado produto, que o ten á venda por 286,01 euros con correa de cor negra.
O Moto 360 Sport conta cunha pantalla de 1,37 polgadas (cunha resolución de 360 x 325 píxeles), procesador de catro núcleos a 1,2 GHZ, 512 MB de RAM, 4 GB de almacenamento interno, monitor cardíaco, Wi-Fi, Bluetooth e, como factor diferenciado, un GPS que permítelle substituír aos reloxos deportivos que tan boa acollida tiveron nos últimos anos, e que agora vense ameazados por reloxos con Android Wear coma este, que pode funcionar tanto con smartphones con Android coma co iPhone (aínda que neste último caso as prestacións están limitadas por iOS).

PUBLICIDADE