Chega a España o Nexus 9
luns, 3 de novembro do 2014
AÃnda que os novos produtos da familia Nexus se presentaron
hai tres semanas non é até hoxe que a
agardada tableta Nexus 9 está dispoñible dende España a prezos de 389 e 479
euros nas súas versións de 16 e 32 Gb respectivamente, mentres que o modelo con
32 Gb e LTE, cun prezo de 559 euros, aÃnda non está dispoñible para a súa compra.
Estamos ante un trebello cunha pantalla de 8,9 polgadas (cunha resolución de 2.048
x 1.636 pÃxeles) e Android 5.0 que aspira a converterse nun dispositivo válido
tanto para o lecer como para tarefas de produtividade, polo que destaca pola
súa grande potencia, xa que conta cun procesador nVIDIA Tegra K1 de 64 bits
cunha gráfica Kepler de 192 núcleos. Esta tableta vén con 2 Gb de RAM, 16/32 Gb
de almacenamento interno, cámara traseira de 8 MpÃxeles con enfoque automático
e flash LED, cámara frontal de 1,6 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, NFC,
altofalantes frontais duais, micrófonos duais (arriba e abaixo), un grosor de
só 7,95 milÃmetros e un peso de 425 gramos, que permÃtenlle conseguir unha
cómoda posición entre o iPad mini con pantalla Retina e o iPad Air 2, dos que
se distinguirÃa máis no sistema operativo que nas súas prestacións.