Chega a España o xogo inspirado na serie de televisión Perdidos

mércores, 5 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A serie de televisión de Perdidos chega finalmente ás tendas españolas nas súas versións para PC, PlayStation 3 e Xbox 360, recreando as aventuras dun grupo de supervivintes a un accidente aéreo nunha illa do Pacífico, pero contando cun novo personaxe, o reporteiro gráfico Elliott Maslow, do que tomaremos o control e que padece amnesia, de xeito que durante o transcurso do xogo iremos descubrindo detalles do seu pasado á vez que desvela segredos da misteriosa illa na que están perdidos.
O xogo terá unha trama con xiros que lembrarán á serie de televisión na que está inspirado, e tamén terán especial relevancia os protagonistas da mesma, que contarán cos mesmos actores de dobraxe, o que sen dúbida agradecerán os seguidores da serie en España.


Trailer do xogo

PUBLICIDADE