Chega a Kickstarter o mesturador de audio máis cativo do mundo

venres, 29 de agosto do 2014 Marcus Fernández

En Kickstarter está a dar os seus primeiros pasos un curioso dispositivo chamado OpenMix, que presume de ser o mesturador de audio máis pequeno do mundo, xa que en só 38 x 51 x 15 milímetros encerra 2 entradas de minijack estéreo e 1 saída de minijack estéreo xunto a unha rosca que fai de crossfader, de xeito que fai doado que poidamos conectar un par de fontes de música (que poden ser dende smartphones até vellos Walkman) para poder pasar dunha a outra sen cortes, como se fósemos un pinchadiscos, pero cunha dun xeito altamente portátil.
Esta solución ideal para festas, e busca xuntar 65.000 dólares para poder ver a luz a primeiros do ano que vén. Os primeiros mecenas poderán facerse cun OpenMix por só 29 dólares (29,69 euros con gastos de envío incluídos), recibindo, aparte do propio trebello, unha extensión de cable de audio de preto de 13 centímetros de longo e unha funda de transporte.

PUBLICIDADE