Chega a móbiles Snake Rewind, o sucesor do clásico xogo da serpe

mércores, 13 de maio do 2015 Marcus Fernández

O desenvolvedor orixinal do popular xogo da serpe que tiñan os clásicos móbiles de Nokia, Taneli Armanto, colaborou con Rumilus Design para devolver á vida o seu xogo renovado baixo o título Snake Rewind, que permite continuar o xogo tras os choques, inclúe diferentes tipos de froitas especiais con poderes únicos e efectos, 10 niveis con distinta estética e música, unha tenda de froita onde desbloquear elementos que poden actualizarse e mercarse coa froita que recollemos durante as partidas, con marcadores en liña para competir con outros xogadores. E para rematar a diversión, tamén propón encher a pantalla completa coa serpe para descubrir o que acontece entón.
Este xogo móbil está xa dispoñible de balde para iOS, para Android e para Windows Phone 7.5 ou superior, incluíndo compras dentro da aplicación (que consiste na compra de froita para empregar na tenda do xogo).

Snake Rewind recupera o xogo da serpe en iOS, Android e Windows Phone

PUBLICIDADE