Chega ao Xapón un touchpad multitácil USB

mércores, 22 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os portátiles de Apple nas súas últimas versións permiten utilizar o seu touchpad dun xeito semellante a como se fai coa pantalla do iPhone, pois reacciona de xeito multitáctil o que permite abrandar e reducir imaxes, desprazarse por páxinas web, ir á páxina anterior ou seguinte e mesmo xirar fotografías mediante xestos realizados cos dedos, reducindo o uso do teclado e revolucionando a experiencia de uso, o que agora tamén será posible nos PC grazas ao Diatec SmartTrack Neo, un touchpad USB para Windows XP e Vista.
O dispositivo mide 116,5 x 91,8 x 14,5 milímetros, pesa 105 gramos (incluíndo o seu cable de 2 metros) e a área multitáctil é de 77,2 x 45 milímetros, o que permite espazo dabondo para facer xestos con ata 3 dedos á vez.
O seu prezo de venda no Xapón é de 4.980 iens (39,34 euros), o que resulta bastante axustado para un dispositivo innovadora, aínda que é moi posible que os portátiles á venda a finais de ano xa inclúan este tipo de prestacións para poder tirar un mellor proveito de posibilidades que neste sentido terá o sistema operativo Windows 7.

PUBLICIDADE