Chega ao mercado coreano un eReader con pantalla de cor e prezo moderado
martes, 22 de novembro do 2011
- A pantalla Mirasol ofrece cores vivas e pode verse incluso baixo a luz do sol
Neste momento están a loitar polo mercado como dispositivos
electrónicos de distribución de contidos tanto os tablets coma os eReaders,
cada un cunha orientación diferente, pero dende Corea do Sur queren xuntar
ambos mundos, e grazas á colaboración
entre Qualcomm e a cadea de librarÃas Kyobo Book Centre achegan ao mercado
as prometedoras pantallas Mirasol nun novo dispositivo chamado Kyobo eReader, que presenta
unha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 pÃxeles, procesador
Qualcomm Snapdragon S2 a 1 GHz e sistema operativo Android 2.3 cunha interface
gráfica personalizada para facilitar o acceso a unha librarÃa de 90.000 e-books
que ten Kyobo no seu catálogo.
O dispositivo está á venda dende onte por 349.000 wons (225 euros), e destaca
fronte aos seus competidores por achegar unha pantalla táctil de cor, válida
tanto para amosar libros como revistas ou vÃdeo incluso baixo a luz do sol
(grande carencia da meirande parte de tablets) e cunha magnÃfica autonomÃa (cun
uso moderado poderÃa empregarse durante varias semanas).
- Ao funcionar con Android 2.3, o Kyobo eReader tamén permite o uso de aplicacións propias de calquera tablet (navegador web, redes sociais, reprodución multimedia...)
- O Kyobo eReader contrólase a través da súa pantalla táctil
VÃdeo promocional do Kyobo eReader