Chega aos EE.UU. o smartphone de Sharp con pantalla sen marcos
martes, 19 de agosto do 2014
Non é moi habitual ver que os smartphones de Sharp saen do
Xapón, pero agora o atractivo Aquos
Crystal vai comezar a venderse nos EE.UU., de xeito que o deseño de
teléfono móbil sen apenas marco visible pode ser un grande reclamo para un
terminal de gama media que funciona con Android 4.4.2, e que confórmase cunha
pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, un procesador
Qualcomm Snapdragon 400, 1,5 Gb de RAM e audio Harmon/Kardon.
A compañÃa
encargada en vender o Aquos Crystal nos EE.UU. será Sprint, que limitarase
polo momento ao modelos con pantalla de 5 polgadas (no Xapón tamén venden o
Crystal X con pantalla de 5,5 polgadas), quedando polo momento como incógnita
se chegaremos a ver este elegante teléfono en Europa.
- O Aquos Crystal chegará esta semana aos EE.UU. presumindo do seu deseño sen marcos