Chega ás tendas TRON: Evolution

xoves, 2 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Durante o transcurso do xogo investigaremos unha conspiración no mundo de TRONO vindeiro día 17 chega ás salas cinematográficas a película TRON: Legacy, a secuela da clásica TRON que en 1982 convertérase en todo un referente da ciencia ficción ao contar as aventuras dun deseñador de videoxogos que quedara virtualmente atrapado na súa obra, e para encher o oco entre ambos filmes temos o videoxogo TRON: Evolution, dispoñible dende hoxe para PlayStation 3, PlayStation 3 e PC (a versión para Xbox 360 demorarase ata a semana que vén, mentres que para as consolas de Nintendo existe unha versión totalmente distinta do xogo) e que narra unha serie de catastróficos eventos que terán unha influencia fundamental no argumento da película a través do personaxe Anon, un programa desenvolvido por Kevin Flynn para investigar unha conspiración no mundo de TRON.
Este título de Propaganda Games conseguiu replicar a atmosfera do filme e transcorre no mundo dixital que recrea a película orixinal, no que programas informáticos actúan coma persoas, o que abre a porta á participación en duelos con discos ou carreiras con motos de luz que impresionarán aos usuarios que coñezan a película orixinal.
TRON: Evolution sae a un prezo de venda estimado de 69,99 euros na súa versión par aPS3, mentres que para PSP e PC o seu prezo é de só 29,99 euros. Cómpre destacar que a versión para PS3 foi desenvolvida en 2D e 3D e é compatible con PlayStation Move.

En TRON: Evolution poderemos participar en duelos de discos
Durante o transcurso do xogo investigaremos unha conspiración no mundo de TRON

PUBLICIDADE