Chega ás tendas españolas o xogo UNCHARTED 3</Em> para PS3

xoves, 3 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O xogo UNCHARTED 3: La Traición de Drake, desenvolvido por Naughty Dog en exclusiva para PlayStation 3, xa está dispoñible nas tendas españolas, de xeito que os seguidores das aventuras do cazador de tesouros Nathan Drake (considerado o herdeiro de Indiana Jones e Lara Croft) poderán seguir gozando das súas peripecias, desta volta na busca da Atlántida das Areas, o que supón un terceiro escenario, no que o deserto e a area reinan, o que se afasta considerablemente da xungla sudamericana e dos cumios do Himalaia que aparecían en entregas anteriores.
Nesta aventura Drake non estará so, senón que contará coa axuda da xornalista Elena Fisher, coa que mantén unha apaixonante relación de amor-odio, o que contribúe á fórmula case cinematográfica que caracteriza a esta saga.
UNCHARTED 3: La Traición de Drake para PlayStation 3 pode adquirirse xa a un prezo recomendado de 69,99 euros, non estando recomendado para menores de 16 anos. Tamén é posible adquirir unha Explorer Edition do xogo por 149,99 euros e incluso un paquete que inclúe o xogo xunto cunha PS3 de 320 Gb por 299,99 euros.

UNCHARTED 3 tamén está dispoñible nunha completa Explorer Edition

PUBLICIDADE