Chega o primeiro xogo de Karaoke para Nintendo Switch

venres, 24 de novembro do 2017 Marcus Fernández

O pasado 20 de outubro chegou ás tendas o xogo musical Let’s Sing 10 en versións para PlayStation 4 e Wii, e hoxe temos finalmente a versión deste xogo de karaoke para Nintendo Switch, o que é unha grande nova, xa que é unha boa mostra da variedade de xogos dispoñible para a última consola de Nintendo.
Este divertido xogo ofrece 35 grandes éxitos musicais (de Nicky Jam, Taburete, Charlie Puth, Dasoul, CNCO, Pablo López, Manuel Carrasco, Gemeliers, Melendi e moitos outros) aos que podemos pór voz, buscando principalmente a diversión con amigos ou en familia, contando incluso con novos modos de xogos como Mix Tape (onde competiremos con 7 extractos de cancións) e Featuring (un modo cooperativo na que búscase que dous xogadores canten ben xuntos).
Este primeiro xogo de karaoke para Nintendo Switch precisa de micrófono USB para funcionar, de aí que sexa posible adquirilo solto ou cun par de micrófonos. Cómpre salientar que a versión dixital está de oferta até a Noiteboa a un prezo de 35,99 euros.

O xogo inclúe grandes éxitos musicais actuais

Tráiler de lanzamento de Let’s Sing 10 para Nintendo Switch

PUBLICIDADE