Chega un ordenador todo-en-un de LG con pantalla táctil e 3D

luns, 1 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Nos últimos meses LG está a trunfar cos seus produtos Cinema 3D que consisten en pantalla estereoscópicas que funcionan con lentes pasivas, de xeito que resultan máis cómodas e económicas que outras solucións para ver imaxes en 3D en televisores e monitores, e nesta liña achegan ao noso mercado o seu novo ordenador todo-en-un V300, que non só terá pantalla 3D, senón que tamén será táctil, converténdose nun equipo tan elegante como versátil.
O LG V300 pode configurarse con procesadores Intel Core i3/i5/i7, ten unha pantalla IPS de 23 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, ata 8 Gb de RAM, gráfica AMD Radeon HD 6650M con 1.024 Mb de memoria (ou unha gráfica Intel HD 3000), ata 750 Gb de disco duro de 2,5 polgadas, Gigabit Ethernet, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0/2.1, gravadora de DVD ou Blu-ray, lector de tarxetas de memoria 5-en-1, e-SATA, saída HDMI, 4 portos USB 2.0 e 2 portos USB 3.0, webcam a 720p, opción de sintonizadora de televisión e sistema operativo Windows 7 de 64 bits (Home Basic ou Premium).

A pantalla 3D do LG V300 tamén é táctil

PUBLICIDADE