Chegan a España os móbiles Pixel 6 e Pixel 6 Pro

xoves, 3 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

O pasado mes de outubro Google presentou os seus novos smartphones Pixel 6 e Pixel 6 Pro, que destacaban polo seu orixinal deseño e por estar equipados cun procesador Tensor desenvolvido por Google para tirar un maior proveito da intelixencia artificial, e por fin anuncian o desembarco destes terminais móbiles en España e Italia, pero advertindo de que os problemas loxísticos a nivel mundial fan que o número de unidades dispoñibles sexa moi limitado.
O Pixel 6 chega a un prezo de partida de 649 euros, mentres que o Pixel 6 Pro parte dos 899 euros, prezos bastante elevados para unhas prestacións pouco rechamantes, polo que podemos entender que estamos ante móbiles que buscan simplemente satisfacer aos usuarios incondicionais dos smartphones de Google.
Estes smartphones están dispoñibles unicamente a través da tenda oficial de Google, pero só poderán facerse con eles os consumidores máis rápidos, tendo que agardar o resto ao mes de maio, cando confían en que se normalice o abastecemento deste móbiles de referencia para Google.

PUBLICIDADE