Chegan á India os primeiros smartphones Android One
luns, 15 de setembro do 2014
- O Karbonn Sparkle V é un dos primeiros smartphones con certificación Android One
Dende Google lembran que, aÃnda que se estime que no mundo
hai uns 1.750 millóns de persoas con smartphone, hai outros 5.000 millóns de
persoas que aÃnda non teñen acceso a dispositivos conectados, que teñen que
conformarse con empregar o teléfono só para falar, e para superar esa fenda
están a desenvolver o proxecto Android
One, que busca definir unhas pautas para achegar ao mercado uns terminais o
máis accesibles posibles, que hoxe
mesmo comezarán a ver a luz na India.
Este proxecto ten varias faces, pois as barreiras para os smartphones non son
só o prezo dos propios dispositivos, senón que tamén hai que procurar que
poidan gozar das últimas versións dos sistemas operativos móbiles (lembremos
como moitos smartphones económicos aÃnda se venden con Android 2.x) e a banda
larga móbil tamén ten unha cobertura moi limitada (ou uns prezos moi elevados).
Para superar todo isto Android One desenvólvese en colaboración con fabricantes
de teléfonos e de chips, e doutros axentes, e nos primeiros smartphones que
comercializarán na India buscan fusionar prestacións moi demandadas como dobre
SIM, almacenamento interno ampliable, baterÃa substituÃble e radio FM, elementos
que non todos os smartphones asumibles estaban a incluÃr actualmente, e que
resultan fundamentais para conseguir consolidar unhas especificacións básicas
que poidan converterse en estándar, facilitando asà que os dispositivos baixo o
selo Android One poidan gozar das últimas actualizacións puntualmente. Google
incluso chegou a un acordo con Airtel para que as actualizacións de software se
distribúan de balde durante os primeiros 6 meses, contando tamén a oferta da
compañÃa con até 200 Mbytes ao mes para descargar aplicacións de Google Play
sen incluÃrse no consumo de datos contratado.
Os primeiros smartphones con Android One están a chegar da man dos fabricantes
Micromax, Karbonn, Spice e MediaTek, con prezos que parten das 6.399 rupias
(80,97 euros), e nos vindeiros meses agardan que se sumen ao programa Acer,
Alcatel Onetouch, Asus, HTC, Intex, Lava, Lenovo, Panasonic, Xolo e Qualcomm, facendo
que cada dÃa sexa máis doado adquirir bos terminais móbiles a un prezo
reducido.
O programa Android One bota a andar na India, pero xa está prevista a súa
expansión a Indonesia, Filipinas, Bangladesh, Nepal, Paquistán e Sri Lanka
antes do remate do ano, chegando a moitos outros paÃses durante 2015.
VÃdeo promocional de Android One
Primeiros dispositivos con Android One
Varias tendas en liñas da India xa nos permiten ver os primeiros móbiles con Android One, e parecen bastante prometedores. Por unha banda en Snapdeal.com podemos ver o Karbonn Sparkle V, un smartphone con pantalla IPS de 4,5 polgadas (cunha resolución de 480 x 854 pÃxeles), procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 Gb), cámaras de 5 e 2 MpÃxeles, baterÃa de 1.700 mAh e Android 4.4 (que coa certificación Android One contarÃa con actualizacións garantidas) que está á venda por 6.399 rupias, mentres que en Flickart.com atrévense a reducir o prezo anterior en 100 rupias para ofrecer o Spice One Dream UNO, que vén a ser idéntico en especificacións técnicas, coa vantaxe de ter un grosor inferior (9,15 milÃmetros, fronte aos 10,4 do teléfono de Karbonn).