Chegan as novas consolas portátiles de Nintendo acompañadas por grandes xogos
venres, 13 de febreiro do 2015
Hoxe é un grande dÃa para os seareiros de Nintendo, pois é
o dÃa oficial no que as tendas de toda España teñen dispoñibles as novas
consolas portátiles New Nintendo 3DS e New Nintendo 3DS XL, asà como os
novos xogos The Legend of Zelda: Majora’s
Mask 3D e Monster Hunter 4 Ultimate,
de xeito que coincidirÃan no tempo os meirandes lanzamentos da compañÃa nipoa
para a primeira metade do ano.
As novas consolas portátiles son a primeira evolución real da Nintendo 3DS, que
agora contan con máis potencia, un sistema de visualización 3D máis cómodo (pois
axústase ao ángulo de visión do usuario), tecnoloxÃa NFC para poder tirar
proveito das populares figuras amiibo e incluso un novo stick na parte dereita da consola que facilitarÃa o control do
punto de vista en numerosos xogos (cubrindo unha importante carencia da consola
orixinal).
Cómpre destacar que no caso da New
Nintendo 3DS teremos unha pantalla que, sen chegar ao tamaño da XL, serÃa
un 20% máis grande que a consola orixinal (o que tamén contribúe a ver mellor
as 3D) e como interesante caracterÃstica que non presentará o modelo de grande
tamaño, a nova 3DS tamén terá
cubertas intercambiables que veñen en dúas pezas e que presentan unha
grande diversidade de deseños e texturas.
As novas consolas tamén chegan acompañadas como un grande xogo como é The
Legend of Zelda: Majora’s Mask 3D, unha versión remasterizada do xogo
que no ano 2000 saÃu para a Nintendo 64, e que poderá mercarse tanto de xeito
independente como nunha edición especial da New Nintendo 3DS XL cun deseño
inspirado no xogo e que tamén inclúe varios agasallos.
Outro xogo que recibirá o mesmo tratamento é o agardado Monster
Hunter 4 Ultimate, un RPG de acción con modo cooperativo en liña e offline no que percorrer os montes para
loitar contra enormes e terribles criaturas coa axuda dos nosos compañeiros de
aventuras.
Para completar as novidades do dÃa, Nintendo tamén inaugura hoxe o Anime
Channel, unha aplicación para as súas consolas portátiles que facilitará a
visualización de series de animación que polo momento serán Kirby Serie 1, Pokémon: Advanced e Inazuma
Eleven Serie 1.
VÃdeo promocional das novas consolas portátiles de Nintendo