Chegan as rebaixas de primavera á PlayStation 4

xoves, 15 de abril do 2021 Marcus Fernández

Até o 30 de abril os posuidores dunha PlayStation 4 teñen unha boa oportunidade para facerse como grandes xogos para a súa consola en formato físico a prezos reducidos, xa que comezan as rebaixas de primavera. Deste xeito, podemos facernos cun grande título recente como Ghost of Tsushima por 39,99 euros, e de grandes xogos como Marvel’s Spider-Man, Days Gone ou Death Stranding por só 19,99 euros.
Amais, grandes clásicos da colección PlayStation Hits como God of War, Ratchet & Clank, Gran Turismo Sport e The Last of Us Remastered teñen un prezo de só 9,99 euros, de xeito que quen aínda non os xogara ten unha magnífica oportunidade para achegarse aos mesmos a un pero de ganga.

PUBLICIDADE