ChuChu Rocket! estrea versións para iPhone e iPad

xoves, 28 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O Sonic Team desenvolveu no seu día o xogo ChuChu Rocket! coma un título que servía para demostrar as posibilidade de xogo en liña da consola Dreamcast, e agora rexurde en versións para iOS, de xeito que tras 10 anos podemos rememorar este icónico xogo que conta agora con máis de 145 niveis, frenéticas batallas de ata 4 xogadores (a través de Bluetooth ou Wi-Fi), diferentes modos de xogos e, no caso da versión para iPad, un exclusivo modo de 4 xogadores que poden gozar deste título simultaneamente nunha pantalla dividida.
A versión para iPhone e iPod Touch de ChuChu Rocket! pode adquirirse na App Store por 3,99 euros, mentres que a versión para iPad eleva o seu prezo ata os 5,49 euros, destacando polos seus mellores gráficos e polo mencionado modo para 4 xogadores en local.
Para facerse unha idea da orixinal mecánica do xogo podemos botar unha ollada ao trailer da súa nova versión:

PUBLICIDADE