Comeza a beta pública de MAG para PlayStation 3

martes, 5 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Esta semana Sony estreou a versión de proba pública de MAG (Massive Action Game), un título multixogador masivo para PlayStation 3 que permitiría competir ata a 256 xogadores simultáneos nun campo de batalla, e que xa está dispoñible para a súa descarga dende a PlayStation Store de balde, aínda que advirten que é posible que os usuarios atopen problemas de conectividade, pois non hai que esquecer que estamos ante unha versión de proba na que están a traballar activamente para pulir os últimos detalles deste prometedor xogo que leva ás consolas de videoxogos unha experiencia habitualmente restrinxida aos usuarios de PC.
A beta de MAG estará dispoñible ata o 11 de xaneiro, de xeito que aproveitan estes momentos de lecer para moitos usuarios da PS3 para pór a proba o sistema a nivel mundial, de xeito que cando o título chegue á súa versión definitiva, está a proba de bombas.

PUBLICIDADE