Comeza a venderse nos EE.UU. o Dell Streak
xoves, 12 de agosto do 2010
O
fabricante de equipos informáticos Dell
comeza hoxe a comercializar nos EE.UU. un dispositivo tipo tablet baseado
en Android 1.6 e con pantalla multi-táctil de 5 polgadas (cunha resolución de
800 x 480 pÃxeles), que aÃnda que pareza querer competir co iPad de Apple,
parece máis dirixido aos usuarios de smartphones
que busquen unha certa mobilidade.
O Dell
Streak conta con conectividade Wi-Fi, Bluetooth e 3G, de xeito que pode
conseguirse tanto libre por 549,99 dólares ou cunha permanencia de 2 anos nun
contrato coa operadora AT&T por 299,99 dólares, o que facilita o acceso á
Rede dende case calquera lugar e incluso establecer chamadas de voz
(funcionalidade vetada na meirande parte de dispositivos deste tipo). Opera cun
procesador Qualcomm Snapdragon a 1 GHz, conta con cámara de 5 MpÃxeles (con
enfoque automático e flash LED) e outra cámara frontal con resolución VGA (para
video-conferencia), a súa baterÃa é extraÃble, ten GPS (empregando Google Maps
coma sistema de navegación), integra aplicacións para acceder a redes sociais
(Twitter, Facebook e YouTube), lector de tarxetas microSD de ata 32 Gb e acceso
ao Android Market.
En vista de todas estas prestacións, parece evidente que estamos ante un
teléfono móbil con Android dun tamaño pouco ordinario, que facilita o uso de
aplicacións grazas á súa pantalla de 5 polgadas, pero que é o suficientemente
grande como para forzar a utilizar as súas funcións de voz mediante sistemas de
mans libres Bluetooth. Parece asà que estamos máis ante un MID como os que xa
levan anos no mercado que ante un novo competidor do iPad.