Completan a produción de Namco Museum: Virtual Arcade para Xbox 360

luns, 27 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os xogos clásicos dos salóns recreativos de Namco Bandai, pese a ser produtos da década dos 80, continúan a ser moi aditivos e contan cun factor nostálxico que lles garante unha comercialización constante, e mentres en abril chegan Namco Museum DS ás tendas españolas (recompilando nun único cartucho 8 xogo da compañía) e un xogo semellante para a Wii, para o mes que vén anuncian o lanzamento de Namco Museum: Virtual Arcade para Xbox 360, que en vez de achegar vellos xogos mediante descargas do Bazar de Xbox LIVE, os recompila nun único DVD para unha distribución máis ampla.
O novo título incluirá xogos como Super Pac-Man, Galaga Legions, Mappy, Metro-Cross, Pole Position, Rally-X, Sky Kid, Rolling Thunder e así ata sumar máis de 30 xogos, que sen dúbida serán do agrado os afeccionados aos xogos arcade, xénero que parece en vías de extinción, deixando paso a un tipo de xogos de acción máis doados, que non están orientados a partidas rápidas.

PUBLICIDADE