Concurso para os usuarios de Battle of Puppets

xoves, 2 de decembro do 2010 Marcus Fernández

A empresa de videoxogos luguesa Smallwonders, pese a estar comercializando o seu xogo World of Popus e estar a ultimar o lanzamento dun novo produto, non teñen descoidada a súa ópera prima, e o Battle of Puppets volve á actualidade grazas ao concurso en rede Battle of Puppets contest, que permite que os usuarios de terminais de Apple poidan pasar bos momentos cos Puppets e, de paso, gañen algún premio coma unha tarxeta de iTunes por valor de 25 dólares, para o que haberá que acadar a máxima puntuación nun dos 5 exércitos do xogo (Valkiria, Madama Butterfly, Carmen, Aida ou Salomé) dentro do escenario endless (sen fin) do xogo, no que temos unha cidade de heroes do cómic con moitas referencias a personaxes populares. O usuario que acada a mellor puntuación global converterase no Master of Puppets e resultará galardoado cun iPod nano coma premio especial.
Participar no concurso é de balde, e a competición bota a andar o 1 de decembro e rematará o vindeiro día 22, de xeito que os xogadores teremos 3 semanas para demostrar a nosa habilidade neste xogo que xa foi descargado por máis de medio millón de usuarios.

A competición celebrarase a través do novo Endless Mode
Personaxes inspirados en distíntas óperas enfróntanse neste divertido xogo de estratexia en tempo real

PUBLICIDADE