Confirman a listaxe completa de loitadores da versión occidental de Tatsunoko vs Capcom

mércores, 14 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Aínda que o xogo Tatsunoko vs Capcom para Wii estaba destinado inicialmente só para o mercado xaponés, pero finalmente contará cunha edición occidental chamada Tatsunoko vs Capcom: Ultimate All-Stars, que sairá a primeiros de 2010 e que compensará a espera incluíndo un modo de xogo en liña e máis personaxes, que finalmente serán 14 loitadores de Capcom e 13 de Tatsunoko, desvelándose os últimos que quedaban por coñecer, que non son outros que Jason de Comando G e Zero de Mega Man X.
Os loitadores do xogo serán finalmente, no bando de Tatsunoko, Mark, Princesa e Jason de Comando G; Casshern, Tekkaman, Polimar, Yatterman-1, Karas, Doronjo, Hakushon Daimao, Ippatsuman, Tekkaman Blade e Gold Lightan; mentres que Capcom estarán Ryu, Chun-Li e Alex de Street Fighter, Morrigan Aensland de Darkstalkers, MegaMan, Roll e Zero de Mega Man, Kaijin no Soki de Onimusha, Saki Omokane, Viewtiful Joe, PTX-40A de Lost Planet, Yami de Okami e Frank West de Dead Rising.

Zero é unha das novas incorporacións a Tatsunoko vs Capcom para Wii

IGN publicou imaxes nas que podemos ver a Jason en acción en Tatsunoko vs Capcom

PUBLICIDADE