Confirman o lanzamento de Final Fantasy XIII durante o presente ano

martes, 29 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O Super Mario Bros. Brawl non é o único título que retrasaba constantemente a súa saída ó mercado, senón que tamén a nova entrega de Final Fantasy se estaba a facer de rogar, e agora Tetsuya Nomura confirma que Final Fantasy XIII se venderá antes de rematar o ano e mesmo contará cunha demo na PlayStation Network, de xeito que os usuarios da PS3 poderán botarlle un ollo antes de lanzarse a mercar este prometedor título.
Os últimos datos sobre a nova entrega de Square Enix se achegan directamente das revistas Famitsu e Dengeki, editadas no Xapón, e na web xa se poden ver dixitalizacións das páxinas desas revistas para poder botar un ollo á imaxes de adianto dun novo título que promete aproveitar as prestacións gráficas da PS3 para continuar co éxito dunha das sagas de máis longa vida.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente Square Enix desmentiu esta información, asegurando que aínda non hai data de lanzamento prevista para o novo xogo.

PUBLICIDADE