Confirman que Soul Calibur IV para PS3 precisará de instalación

venres, 4 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Os amantes das consolas de videoxogos están a recibir con mala cara a última tendencia dos xogos para PlayStation 3 que, aproveitando que a consola de Sony inclúe de serie un disco duro, pode aproveitar o mesmo para alixeirar as cargas intermedias, para o que é preciso someterse a un proceso de instalación (que era unha das cousas das que non gustaban dos xogos para PC) que nalgún caso chega a retrasar unha primeira partida uns 20 minutos que normalmente non compensan (o usuario medio non percibe diferenzas nos tempos de carga entre o GTA IV para Xbox 360 e PS3, cando o último é un dos títulos que precisa dunha longa instalación).
Agora, Konami confirma que o xogo Soul Calibur IV (que chegará ás tendas españolas o último día deste mes) precisará de instalación en disco, aínda que aseguran que as informacións que apuntaban a que o xogo ocuparía 6,5 Gb de disco aos que habería que engadir 2 Gb de partidas gardadas serían esaxeradas.
O caso é que os discos duros da PS3 cada día contan con menos espazo libre, de xeito que os datos almacenados polos xogos quitan capacidade para ficheiros multimedia, que era algo co que os usuarios non contaban, pero que parece converterse nunha tendencia imparable.
A versión para Xbox 360 de Soul Calibur IV pola súa banda non precisaría da molesta instalación porque as consolas de Microsoft no inclúen disco duro nos seus modelos máis básicos, e para impacientar aos seus potenciais compradores veñen de estrear un novo trailer do mesmo:

PUBLICIDADE