ConfÃrmase a aparición de Sting no novo xogo de Guitar Hero
venres, 5 de setembro do 2008
O pasado martes
amosabamos as imaxes
de Billy Corgan (Smashing Pumpkins) no xogo Guitar
Hero World Tour, que confirmaban os rumores de que o xogo
incorporarÃa a personaxes xogables coma Jimi Hendrix ou Ozzy Osbourne, e hoxe
podemos ver a aparencia que terá Sting no xogo.
O que fora cantante e baixista de The Police achega
a súa voz e a súa imaxe a o futuro xogo musical de Activision, de
xeito que poderemos meternos na pel do artista para interpretar temas coma o clásico
Demolition Man.
O cantante tamén asegurou
que non se lle daba ben xogar ao Guitar
Hero, o que si facÃan sen problema os seus fillos.
Reportaxe sobre a aparición de Sting en Guitar Hero World Tour