Confírmase a secuela de Plants vs. Zombies para iOS

luns, 3 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Unha das capturas de pantalla do xogo adiantadas por IGN

O vindeiro 18 de xullo está previsto o lanzamento de Plants vs. Zombies 2: It’s About Time para iPhone, iPod Touch e iPad, non que é de agardar que sexa só unha exclusiva temporal, e que adoptará o modelo de Free-to-Play que está tan de moda, de xeito que poderemos introducirnos de balde na secuela dun dos xogos de máis éxito para dispositivos móbiles dos últimos tempos. Dende PopCap insisten no feito de que será posible “enfrontarse a cada zombi e acceder a cada nivel de cada mundo sen custo algún”.
O xogo volverá a colocarnos en épicas batallas na que hai que empregar plantas para frear o avance de mortos viventes que queren alimentarse dos nosos miolos, e como grande novidade temos que agora xa non só defenderemos o xardín e o tellado do noso fogar, senón que engadirase grande variade de escenarios ao incorporar viaxes no tempo á mecánica do xogo. Poderemos combater aos zombis no Antigo Exipto, no Salvaxe Oeste e nos mares piratas.
Saberemos algo máis deste título a semana que vén durante a semana que vén co gallo da feira E3, pero non parece arriscado sopor que vai ser todo un éxito, en boa medida grazas ao deseño dos seus personaxes, que agora verase enriquecido cunha maior variedade.

Plants vs. Zombies 2 trasladará a acción a distintos momentos da historia


Trailer de Plants vs. Zombies 2

PUBLICIDADE