Confírmase o lanzamento de Fallout 3 o 31 de outubro

xoves, 21 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O máis importante da pasada edición do E3 (tralo anuncio do lanzamento de Final Fantasy XIII para Xbox 360) foi o xogo Fallout 3, que promete ser un dos xogos máis potentes para a segunda metade do ano, e se confirma que este impresionante título chegará a Europa o 31 de outubro nas súas versións de Xbox 360, PS3 e PC.
A xente de Bethesda aproveitou a Games Convention de Leipzig para seguir poñendo os dentes longos aos afeccionados a esta saga de RPG que sitúa ao xogador 200 anos despois dunha guerra nuclear para loitar pola súa supervivencia fronte a numerosas ameazas coma humanos deformes ou monstros mutantes á vez que se busca ao pai do protagonista por un mundo desolado no que é doado sentirse somerxido.

PUBLICIDADE