ContourHD, a cámara para facer gravación subxectivas a 720p

mércores, 29 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os amantes dos deportes de risco que queiran rexistrar as súas aventuras en vídeo dende unha perspectiva subxectiva poden mercar a nova cámara de vídeo ContourHD, que destaca por ser doada de enganchar a un casco, unha bicicleta ou un coche para gravar vídeo en alta definición a 720p en tarxetas de memoria SDHC de ata 16 Gb (que chegaría para almacenar 8 horas de vídeo en alta definición e 16 horas en definición estándar). O formato dos vídeos sería Quicktime (.mov) con vídeo en H.264 e audio AAC cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles a 30 fotogramas por segundo en HD e 848 x 480 píxeles a 60 píxeles en SD.
Esta curiosa cámara mide 9,5 x 5,3 x 3,4 centímetros e pesa 116 gramos, polo que goza de grande mobilidade, o seu corpo é de aluminio, a súa batería daríalle autonomía para gravar ata 2 horas de vídeo e incluso é resistente á auga.
Pero o máis sorprendente desta cámara tan versátil estaría no seu prezo, que é de só 300 dólares (225,91 euros).


Vídeo de exemplo gravado coa cámara ContourHD

PUBLICIDADE