Control, o novo xogo de Remedy, sae á venda
martes, 27 de agosto do 2019
A última
creación de 505 Games e Remedy, Control,
chega por fin ao mercado en versións para Xbox One, PlayStation
4 e PC,
dando a impresión de que buscan retomar as ideas que desenvolveron en Quantum Break,
grande xogo de Remedy Entertainment que lanzouse como exclusivo de Xbox One, o
que limitou o seu alcance, de xeito que foron poucos os que puideron gozar
desta orixinal proposta.
Control é un xogo de acción en terceira persoa na que haberá que
combinar e dominar habilidades sobrenaturais, equipamento modificable e
contornos reactivos, mentres se avanza nun mundo ocupando o rol de Jesse Faden,
directora dunha axencia secreta de New York que tras unha invasión dunha ameaza
doutro mundo deberá recuperar Control. Temos asà un xogo que tanto coida
a súa misteriosa historia como a súa peculiar acción, mantendo un estilo na
liña de anteriores lanzamentos de Remedy, polo que quen gustase dos xogos de Alan
Wake ou do antes mencionado Quantum Break atopará aquà un digno
sucesor, que destaca por ser o primeiro lanzamento do estudio dispoñible para unha
consola PlayStation dende Max Payne 2 (xogo que en 2003 contara con
versión para PS2).
Tráiler de lanzamento de Control