Controlador para PS3 que incorpora mando a distancia e teclado QWERTY

luns, 23 de maio do 2011 Marcus Fernández

A PlayStation 3 é un dispositivo multifunción que tanto serve para ver películas en Blu-ray como para facer uso de videoxogos en local ou a través da Rede, pero as súas interfaces de uso non son tan flexibles, pois están optimizadas só para o xogo, de xeito que hai que facerse con accesorios adicionais se queremos manexar de xeito cómodo outras funcionalidades, e para exercer de navalla suíza Hyperkin achega o seu novo Remotext, que presentarase oficialmente co gallo da feira E3 que terá lugar a primeiros de xuño, e que mestura nun único trebello un teclado QWERTY completo e un mando a distancia con funcións de reprodución de DVD e Blu-ray.
O Remotext permite así chatear con outros usuarios a través da PlayStation Network e utilizar a súa cruceta, os seus dous mandos analóxicos e os seus botóns para empregar os xogos de PS3.
Este curioso dispositivo comunícase coa PlayStation 3 un receptor USB, e a súa chegada ao mercado está prevista para o vindeiro verán.

PUBLICIDADE