Conversor sen fíos USB-HDMI

xoves, 16 de abril do 2009 Marcus Fernández

Non contar con saída HDMI non é unha limitación para conectar o ordenador a un televisor de alta definición, pois incluso existen solucións que permite sacar por USB unha toma de vídeo deste tipo, destacando especialmente a última de Atlona, o AD-HDAiR, que non só permite dar unha imaxe de ata 1.440 x 1.050/720 píxeles a partir dun porto USB, senón que a conexión entre o porto do ordenador e o televisor iría sen fíos a unha distancia de ata 10 metros por un prezo de 199 dólares (só 20 dólares máis que o AT-HDPiX, modelo con cable de semellantes prestacións), aínda que non poderá adquirirse ata o mes de maio.
Este uso de USB sen fíos (UWB) resulta bastante práctico para librarse de cables no salón dun domicilio ou nunha sala de presentacións (para comunicar, por exemplo, cun proxector pendurado do teito). O dispositivo crea unha pantalla virtual no ordenador que pode funcionar tanto en modo espello coma estendido (recomendándose este último para a reprodución de vídeo), é compatible con modos 4:3 e 16:9, e o seu receptor sen fíos funciona tanto para unha toma de vídeo VGA coma HDMI.

PUBLICIDADE