Covelo abre a inscrición para un curso de informática centrado nas explotacións do rural

xoves, 15 de setembro do 2022 S. P.

O Concello de Covelo abriu a inscrición do seu curso de informática e Internet aplicado ás explotacións do medio rural. A actividade formativa está dirixida tanto a persoas en desemprego como activas. Celebrarase os vindeiros 22, 23, 29 e 30 de setembro e e o 6 de outubro en horario de 16:30 a 20:30 na Biblioteca Pública Municipal de Covelo.
As inscricións deberán formalizarse no número de teléfono do do Concello de Covelo 986650027 (ext. 4) ou 986594033 de luns a venres de 8.00 h a 14.00 h.
O curso, que será de balde para os/as participantes, atenderá a un máximo de quince participantes en situación de desemprego ou traballadores/as en activo.
Esta é unha iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación realizado en colaboración co Concello de Covelo.
A concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes, anima a todas as persoas a seguir formándose para poder atender ás novas demandas do mercado laboral.

PUBLICIDADE