Crash Bandicoot N. Sane Trilogy chega a Xbox One, Switch e PC
venres, 29 de xuño do 2018
AÃnda que para moitos xogadores os xogos de Crash Bandicoot
estean intimamente ligados á marca PlayStation, o certo é que serie chegou
practicamente a todas as plataformas do seu momento, de aà que era só cuestión
de tempo que a Crash Bandicoot N. Sane Trilogy
chegase a máis plataformas tras arrasar
en PlayStation 4 hai un ano.
Semella que o tÃtulo de Vicarious Visions no que recompilaban versións
renovadas das tres primeiras entregas da saga de Crash Bandicoot rematou o seu
acordo de exclusividade temporal coas consolas de Sony (como tamén acontecera
coas entregas orixinais), porque xusto hoxe xorde en versións para
Xbox One, Nintendo Switch e para
PC a un prezo de 39,99 euros, o que supón unha grande oportunidade para os
xogadores que non teñan unha PS4 e queiran rememorar as aventuras do marsupial
Crash, podendo optar os xogador por superar as numerosas fases encarnando á súa
irmá Coco.