Crazy Taxi: City Rush incorpora a Hulk Hogan como personaxe xogable
xoves, 2 de outubro do 2014
O pasado verán SEGA renovou a
súa franquÃa Crazy Taxi cunha
adaptación do xogo a dispositivos móbiles optimizada para o modelo free-to-play chamada Crazy Taxi: City Rush, dispoñible
de balde para iOS e Android,
e que mudaba radicalmente o sistema de control fronte a entregas anteriores,
para resultar máis doado de manexar en dispositivos móbiles, de xeito que podÃa
controlarse con xestos en pantalla en vez de mandos virtuais (como nas
conversións a móbil das súas entregas clásicas). A sorpresa é que para manter
vivo este divertido xogo decidiron fichar a un novo condutor, o loitador
profesional Hulk Hogan, que fai que agora o xogo veña acompañado polo lema Hulkmania Takeover.
AÃnda que a presenza de Kulk Hogan no xogo xa é unha novidade moi importante,
xa que aparte do personaxe tamén incorpora numerosos elementos baseados no
peculiar personaxe da nosa cultura popular e funcionalidades adicionais como
poder compartir as repeticións dos mellores momentos e poder controlar o xogo
con mandos de xogos fÃsicos. Aparte do coñecido loitador, o xogo tamén recibe a
dous novos condutores: Xavier Grant e Kelli Kelly.
- Hullk Hogan pode conducir taxis no xogo de SEGA
- Hogan pode participar en retos para conseguir puntos adicionais
VÃdeo no que se anuncia a chegada de Hulk Hogan a Crazy Taxi: City Rush