Critican que Sony presentase a PS4 sen amosala
xoves, 21 de febreiro do 2013
- Un dos deseños conceptuais que circulan pola Rede de como poderÃa ser a futura PlayStation 4
O evento co que Sony deu a
coñecer o que será o futuro de PlayStation converteuse no obxecto de moitas
crÃticas e comentarios tras o seu remate, con numerosos espectadores decepcionados
tras un espectáculo de 2 horas de duración na que, pese a que se presentaba a
futura PlayStation 4, non chegou a verse a consola en cuestión, nin se
detallaron detalles tan importantes como a data de lanzamento ou o prezo, no
que algúns chegaron a considerar como un espectáculo vergoñento, especialmente por
ter a compañÃa nipoa convidado a centos de xornalistas especializados de todo o
mundo á presentación en New York (algo claramente innecesario se non se Ãa
amosar nada fÃsico).
O feito de que se desvelase que a PS4 funcionaba cun procesador de AMD de 8
núcleos, cunha gráfica Radeon da mesma compañÃa, 8 Gb de memoria GDDR, Blu-ray
de 6x, USB 3.0, Wi-Fi N, Gigabit Ethernet, Bluetooth 2.1, saÃda HDMI e saÃda
analóxica daban a entender que non só a futura consola será un PC cunha
aparencia externa diferente, senón que durante a presentación empregarÃase
precisamente un ordenador, polo que a meirande parte das afirmacións resultadas
no escenario non deixarÃan de ser promesas, sementando bastante desconfianza.
AsÃ, tras o espectáculo puidemos ler comentarios que
viñan a dicir que falar non ten cancelas, pois Sony non terÃa presentado
nada real (só expuxo unha filosofÃa e citou numerosos tÃtulos de xogos que en
boa medida eran sucesores de tÃtulos da actual xeración); outros apuntan que Sony
está a centrarse no seu nicho de xogadores actual (ignorando a disrupción
que Apple provocou hai varios anos, e que actualmente está a afectar
considerablemente ao xeito no que gozamos dos videoxogos) e céntrase
en exceso nos gráficos (truco que tiña moito máis efecto no pasado); e tamén
se criticou moi duramente que non
habÃa ningunha muller entre os moitos participantes na gala que foron pasando
polo escenario (e incluso comentan a pouca diversidade racial dos mesmos).
Pero non todas as informacións foron negativas, senón que moitos medios
comprendÃan que Sony non quixese amosar a PS4 ata o E3, en boa medida para non
amosar todas as súas bazas antes de que Microsoft anuncie a sucesora da Xbox
360. Do que si deron detalles é dos rumores de que a PS4 bloquearÃa o uso de
xogos de segunda man, o que o
propio Shuhei Yoshida desmentiu a Eurogamer, polo que a patente de Sony que
permitirÃa realizar tal mediante o uso de NFC finalmente non se implantará,
para alivio de moitos xogadores de todo o mundo.
VÃdeo de presentación da PS4